O Concello de Ares, valora moi positivamente a súa 1ª participación en Fitur. Nos días que durou a feira, máis de 6.000 persoas visitaron o Posto de Ares, e interesáronse polas múltiples ofertas de turismo e ocio que ofrece este municipio.
A maioría dos visitantes descoñecían a zona en concreto, e quedaron gratamente sorprendidos pola paisaxe, as praias, a arquitectura tanto civil coma relixiosa, os numerosos espazos naturais, e sobre todo coa bonita ría na que navegar, mergullarse, e realizar outros deportes naúticos.
Tamén sorprenderon os servizos e infraestruturas das que dispón o Concello, e a alta calidade de vida que se goza nestas terras.
Os 400 puntos de amarre do porto deportivo, os extensos areais e as pequenas calas, gustaron aos visitantes, interesados en descubrir novas zonas onde pasar as súas vacacións ou onde establecer a súa segunda residencia.
Todo isto poderao descubrir de primeira man, a gañadora do sorteo que se realizou entre todos os visitantes que quixeron participar cubrindo unha pequena enquisa, concretamente máis de 1.500. Gozará dunha estanza de fin de semana para 2 persoas, realizando numerosas actividades, como pasear pola ría en barco, visitar os monumentos e espazos naturais, etc.
O tenente de alcalde do Concello de Ares, foi o encargado de sacar a papeleta gañadora sobre as 19 h. do domingo 24 de xaneiro e a agraciada co premio foi: LEONOR VAZQUEZ GUTIERREZ de Madrid. Parabéns á gañadora e esperarémola en Ares, dispostos a que se vaia namorada deste municipio.
Con este acto deuse por clausurada a participación de Ares en FITUR 2010. Ata o ano que vén.

     
           
 
web do concello de Ares