-Alfombras---- Voto de Chanteiro---- Semana Santa-----Carnaval-----Carmen Redes-----Outras
   
O Carnaval ou "Entroido", é momento de festa, diversión e liberación, celebramos o final do inverno para dar paso ao bo tempo. En Ares, o carnaval celébrese sobre todo o domingo e o mércores, (festivo na localidade). O domingo hai pasaruas, desfiles de comparsas, actuacións no escenario, e concurso de disfraces para todas as idades. O mércores é o día dos "Entroidos", carrozas temáticas, que despois de desfilar por toda a vila, e de participar no concurso de "Mellor Entroido", son queimados na praia ao final do día, acompañados polo xentío e os lumes artificiais. Por suposto non podían faltar o chocolate quente e as orellas típicas destas datas para degustar para todo o que queira.
     
 
web do concello de Ares