![]() |
![]() |
||
![]() |
O
municipio de Ares, está situado ao norte da provincia da Coruña,
na Ría que leva o seu mesmo nome, entre os 43º 25' e 43º
28’ da latitude norte e os 8º 19' e 8º 12' de lonxitude
oeste, formando unha península xunto co municipio de Mugardos. Limita
o norte co municipio de Mugardos ao leste con Fene e o sur co Océano
Atlántico. Ten unha superficie de 18 km2 e a súa poboación
divídese en tres parroquias: San Vicente de Caamouco, San Pedro de
Cervás e San Xosé de Ares, onde se atopa á capital
municipal, Ares. O municipio é un dos de menor extensión dentro
da provincia da Coruña, cunha poboación de 4576 habitantes
(Censo de 1996), o que lle dá unha gran densidade de poboación,
250,9 habitantes por quilómetro cadrado. Hai dúas zonas ben
diferenciadas: a metade oriental non supera os 50 metros de altitude, exceptuando
o sector Nordeste onde existen maiores alturas. A metade occidental non
mostra moitas diferenzas, pero a súa topografía chaira vese
interrompida por unha banda de granodiorita que dá lugar á
presenza de Montefaro (262 metros). Dende este podemos gozar dunha magnífica
vista panorámica das rías de Ares, Ferrol e A Coruña. |
![]() |
![]() |
||
![]() |
As
raíces de Ares aséntanse na cultura castrexa, no Golfo Artabro,
arco formado polas rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña,
denominado así polos romanos. Hai restos de diversos castros, como
a Pena Bailadora de Montefaro, obxectos rituais precristiáns remóntanse
a esta época e, posiblemente, a unha anterior. Os romanos deixarían
testemuño en vestixios de lousas dunha antiga calzada que uniría
esta poboación coa de Pontumio, na actualidade Pontedeume. A poderosa
Casa dos Andrade tiña dereitos sobre este territorio durante a época
medieval, do cal recibiría importantes rendas. Na Baixa Idade Media,
e debido á persecución exercida polos Reis Católicos,
prodúcese un asentamento xudeu, colonia que habitará o barrio
do Porto, dedicándose ao comercio do sal. Moito máis tarde,
xa no século XVIII, os chamados Fomentadores cataláns se establecerán
na vila iniciando así unha significativa industria conserveira. Pero
a partir das crises económicas do XIX e a primeira metade do XX,
moitos habitantes trasládanse ao veciño e próspero
Ferrol, ou, no seu defecto, comezarán a ruta ultramarina cara a Cuba,
da cal existen profundas pegadas na actualidade (casas de indianos, escolas,
etc.). Os emigrantes en Cuba contribuíron enormemente ao desenvolvemento
cultural da poboación aresana, inaugurando numerosas escolas de instrución,
como As Alianzas, fundada en 1911.. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
![]() |
Ares,
como tal vila mariñeira ofrece uns excelentes pratos a base de produtos
do mar, todos eles confeccionados con produtos da máis alta calidade;
aínda que non soamente do mar se serve a mesa dos aresanos, viandas
procedentes do campo acompañan ás anteriormente mencionadas
como segundo prato ou entrante, reconfortantes e saborosos caldos ou sopas
como o "caldo galego" ou unha sopa de mariscos acomodan ao comensal
para un mellor desfrute dos primeiros pratos, ben a base de peixes ou mariscos
ou ben de carnes e vexetais, onde, en caso de decantarnos por pratos do
mar, poderemos elixir dende unhas "ameixas á mariñeira"
á "pescada á galega", pasando por unha saborosa
"caldeirada de peixes" ou un "arroz ó cantil";
se as nosas preferencias se centran en receitas do campo, un bo "cocido
galego" ou "lacón con grelos", unha "carne ao
sal", permitirannos apreciar a gran calidade dos produtos desta terra;
todo iso sen que se nos esquenzan as sobremesas tradicionais como as "filloas
doces" ou o "requeixo" e as "quesadillas". Por
suposto destacamos a "xiba guisada", produto que neste ano 2009,
tivo a 1ª festa gastronómica na súa honra en Ares. É
de obrigado cumprimento, antes de pasar á mesa, o paseo polos establecementos
destinados ao "tapeo" e os viños, imprescindibles para
apreciar a esencia do lugar, así poderemos degustar variadas empanadas
con diversos recheos, "pementos fritidos", tortilla, guiso de
"choupas", lingua en salsa... |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|