-Alfombras---- Voto de Chanteiro---- Semana Santa-----Carnaval-----Carmen Redes-----Outras
   
Bendición de bolos: En Lubre, "o Domingo de Pascua", celébrase a tradicional Bendición de Bolos.

Festa de San Xosé: 1 de maio, patrón da parroquia.

San Pedro: Cervás, 29 de xuño.

Romaxe de San Antonio: Ten lugar en Seselle durante a primeira quincena de xullo.

Festas de San Roque: Ten lugar o domingo máis próximo ao 16 de agosto.

Festas da Asunción: Celébrase en Lubre o 15 de agosto.

Festas do Mar: Teñen lugar o 20, 21 e 22 de agosto. Realízase unha procesión marítima.

A Nosa Sra. da Mercede: Na ermida de Nosa Señora de Chanteiro (Cervás). Celébrase unha popular romaxe o 24 de setembro, festa local no municipio. A romaxe consiste nunha misa e nunha festa con comida popular no campo da Igrexa de Chanteiro.

Ascensión de Santa Olalla de Lubre: 10 de decembro, é tamén unha festa moi concorrida, na que se saca do templo a figura da Virxe.

     
 
web do concello de Ares