-Piratas---- Samaín---- Xogares-----Festa Xiba------Musicares-----Fin de verán
   

Hai 4 anos, un grupo de habituais do bar O Emigrante de Limodre, tivo a idea de "picar" aos seus veciños de Redes, secuestrando un dos emblemas dese excepcional porto interior, o camareiro da Pousada do Mariñeiro, Emiliano.
Dende aquel primeiro ataque por terra, e, sobre todo, por mar, para o cal os veciños válense de canta embarcación lixeira poida percorrer a escasa distancia que separa a praia de Rio Castro do porto aresano de Redes, as pelexas entre ambos os dous bandos véñense repetindo o primeiro e cuarto sábado de agosto, tinguindo así de humor un ambiente lúdico que implica a maiores e pequenos, cada vez en máis número.
Os organizadores daquel primeiro secuestro non podían imaxinar que a cousa iría a máis, ata o punto de que nos 2 ultimos anos, se implicarón ademais do Concello de Ares e de Fene, diversas institucións da Xunta de Galicia.
O número de inscritos aumenta cada ano, e así nas 2 últimas edicións máis de 600 persoas tomaron parte na festa, que co pagamento de 12 euros, reciben unha camiseta conmemorativa, un aperitivo na praia de Río Castro e o convite a unha churrascada que se realiza en Redes xa pola noite, logo do fragor da batalla mariña entre os viquingos de Río Castro e os Piratas de Redes. Logo da churrascada, hai música e premios ás mellores embarcacións participantes e aos mellores disfraces piratas, o premio por suposto moedas de euro, gardadas, como non, en vellos cofres de pirata.
Esta canallada festiva, que comezou como unha broma entre amigos, vai camiño de converterse nunha das citas máis atractivas dentro do calendario de ocio de Ferrolterra.

Fonte: Diario de Ferrol

     
 
web do concello de Ares