O Padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario Xesuíta, ten un sono: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros.

Cunhas localizacións situadas en Redes (Ares), Padre Casares é unha das series de máis éxito da TVG nos últimos anos. Actualmente está a emitir a 5ª tempada.
.

     
 
web do concello de Ares