-Alfombras---- Voto de Chanteiro---- Semana Santa-----Carnaval-----Carmen Redes-----Outras
   
A Confraría de Jesús Nazareno e Soidade Da nosa Señora, fundada o día 20 de maio do ano 1958, é a organizadora das nove procesións de Semana Santa que se celebra en Ares. Conta cunha longa tradicion e raizame popular, acaso sexa a máis antiga da Bisbarra como o demostran numerosos testemuños que no Arquivo Municipal se conservan. Unha das primeiras noticias que se teñen no Arquivo sobre a Semana Santa data de 1654. Os actos da Semana Santa en Ares son sinxelos pero entrañables.
O Encontro está cheo de sinxeleza, de encanto e de sinceridade crente, sen pompa e sen boato.
O acto de maior relevancia quizais sexa o VIA CRUCIS, da madrugada do Venres Santo. Percorre as tranquilas rúas da vila, parando ante as cruces postas nas paredes das casas, recordando as estacións e o percorrido da Vía Dolorosa. Paga a pena madrugar un pouco e participar nesta celebración da Paixón Do noso Señor Xesucristo.

Web: www.nazarenoysoledad.com
     
 
web do concello de Ares