-Alfombras---- Voto de Chanteiro---- Semana Santa-----Carnaval-----Carmen Redes-----Outras
   
O municipio coruñés de Ares festexa a festa do Corpus coa elaboración das tradicionais alfombras de flores sobre as que pasa a procesión o día de Corpus, no que constitúe un dos mellores referentes desta efeméride relixiosa na bisbarra de Ferrol e á que asiste multitude de persoas á considerar este ritual que se remonta a finais do século XVII. O desfile procesional sae unha vez finalizada a liturxia da tarde na Igrexa de San Xosé e percorre un tramo de aproximadamente un quilómetro de lonxitude, sobre as rúas máis céntricas do municipio, Real e María. A confección das alfombras, nas que participan centenares de persoas durante varias semanas, realízanse con tolla, pinasca, rosas, caraveis, hortensias e mirto. Ademais, estas flores combínanse con areas, arroz e outros elementos, que unha vez tinguidos, serven para dar cor ás alfombras. O Concello de Ares colabora coa Asociación Alfombra Floral, tanto economicamente coma no aparato organizativo, xa que se pon en funcionamento un dispositivo especial de tráfico e habilítanse zonas especiais de aparcadoiro xunto ao porto e nas inmediacións do campo de fútbol municipal.
     
 
web do concello de Ares