Ares en Fitur-----Arquitectura de Redes----Spot Ares-----Noruega en Ares-
   
Nos últimos anos, Ares converteuse nun lugar de referencia para moitas das familias norueguesas que, por motivo de traballo, se tiveron que instalar na zona. De feito, en torno ao 50% dos noruegueses vinculados coa construción das fragatas en Ferrol, por parte de Navantia, residiron, ou fano na actualidade, en Ares. O Concello pensou que chegara o momento de que Ares agradecese a estas familias a súa implicación e comportamento exemplar e, coa destacada colaboración da Embaixada Noruega e a Dirección Xeral de Turismo, así como da propia Armada Noruega, organizouse unha semana en Xuño do 2008, con diferentes actividades para dar a coñecer a cultura e potencialidades turísticas e comerciais do país nórdico, así como para estreitar os lazos que xa existen entre as dúas comunidades. Naceu así a Semana Noruega, que foi un rotundo éxito e que ten a vocación de ter continuidade no tempo, e que tivo como colofón unha festa multitudinaria, onde se serviron diversos pratos noruegueses, houbo música norueguesa e aresana, e contou coa participación do Alcalde de Ares, o Embaixador noruegués, o Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, o Alcalde de Ferrol, etc.
     
 
web do concello de Ares